Alex “O Demo de Tasmania” Sevilla

Comezou a pelexarse coa batería alá polo final do século pasado, recivindo algunhas clases de cracks como Carlos Arévalo inda que se formou dun xeito case sempre autodidacta . Tivo a sorte de atoparse de fuciños con grupos como Amarcord, Driade, Rever, Clan Devi, Ruxe-Ruxe, Snatch… Dise que ata foi visto tocando en algunha orquesta, pero seica o seu camiño non ía por tales derroteiros. Despois de case 20 anos bourando nos tambores o destino puxolle diante aos Aspergillus. Eles saberán!!!