Antón “Torroncho” Fernández

Comezou nisto da música fortemente influenciado polos Kiss, e polo seu baixista, o que o levou a pelexar por mercar o seu primeiro baixo. E xa non parou dende entón. Diplomado en Maxisterio por música, Torroncho tocou en incontables proxectos, tales como Ruxe-Ruxe, Anfibia, Icewind, o musical Galicia Canibal, Medomedá, Tálesien ou Xoan Curiel, cubrindo estilos tan diversos como o Rock, o Metal, o Funk, o Jazz, o Pop, o Reggae, o Folk ou a música de autor. Agora enfróntase aos escenarios neste proxecto chamado Aspergillus de Coira, con máis ganas que nunca.