David Santomil “Deví”

Licenciado en Xeografía pola USC, Deví destacou a mediados dos 90 como vocalista e compositor do mítico grupo do bravú, afincados na Casalonga (Teo), Drinkin’ Tinto, cos que gravou os discos “Colleita propia” (Galiza-up, 1999), e “A lei do botellón” (Edicións do Cumio, 2002), cos que rápidamente se fixeron un nome importante dentro do panorama Rock Galego. Posteriormente, funda e lidera o proxecto “Clan Deví”, cos que gravaron un disco, non editado, e recorreron gran parte da xeografía nacional. Actuamente, e tras un parón temporal, volve a actividade liderando “Aspergillus de Coira”, como vocalista, compositor e letrista.